CRTVG

Buscar

Funeral de Robert Mugabe, o home que gobernou Zimbabwe con man de ferro

Publicado o 15/09/2019 10:14

O funeral de Robert Mugabe, o presidente que gobernou Zimbabwe entre 1980 e 2017, realizouse no Estadio Nacional de Harare coa presenza dunha ducia de xefes de Estado e diplomáticos do continente africano e altas personalidades de todo o mundo.

Mugabe faleceu o 6 de setembro aos 95 anos de idade nun hospital de Singapur. Mugabe converteuse no xefe de Estado con máis idade no mundo antes da súa destitución en 2017 e foi o único líder que o seu pobo coñecera desde a independencia en 1980.

Noticias web

15/09/2019