CRTVG

Buscar

Marina Castaño nega a malversación e di que confía na xustiza

Publicado o 02/04/2019 17:55

 

 

Comezan as declaracións das testemuñas no xuízo por suposta malversación na Fundación Cela. Esta mañá interrogaron policías da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal e persoal da Xunta. Na entrada dos xulgados, Marina Castaño, unha dos catro acusados, dixo que confía na xustiza.

A segunda xornada de xuízo por suposta malversación na Fundación Cela comezou coa declaración dos axentes da UDEF, a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal. Foron os que practicaron os rexistros na fundación, onde atoparon os documentos en que se basean as acusacións. 

Nesta sesión estiveron presentes de novo Marina Castaño, Dositeo Rodríguez, a súa filla Covadonga Rodríguez e Tomás Cavanna, os catro acusados do establecer, supostamente, un plan para simular o despedimento do ex-xerente cunha indenmización de 150.000 euros.

Fóra da sala, Castaño negou as acusacións e dixo que confía na xustiza. Tamén declarou o que daquela era secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Dixo que foi o padroado da fundación o que acordou por unanimidade despedir a Tomás Cavanna e que el coñeceu a contía da indenmización tras o despedimento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019