CRTVG

Buscar

Funcionarios da Xustiza do ministerio piden tamén a equiparación dos salarios

Publicado o 06/03/2018 10:04
Funcionarios da Xustiza do ministerio piden tamén a equiparación dos salarios

E outra reclamación desta volta dos funcionarios de Xustiza que dependen do ministerio. Representantes sindicais dos traballadores de Xustiza das comunidades que non teñen transferida esta competencia entregan hoxe máis de 10 mil sinaturas para reclamar a equiparación salarial cos seus compañeiros das autonomías que si a teñen transferida. Denuncian que é o momento de que Xustiza retribúa dignamente este empregados que realizan as mesmas funcións e asumen as mesmas responsabilidades ca os seus compañeiros.