CRTVG

Buscar

FUNCAS rebaixa tres décimas as previsións de crecemento para este ano

Publicado o 09/10/2019 14:40

A economía non medrará este ano o 2,2 que prevé o Goberno senón tres décimas menos, segundo FUNCAS (Fundación das Caixas de Aforro), que atribúe o descenso á revisión da serie historica que fixo o INE e a un menor crecemento do consumo e dos investimentos.

E a tendencia á baixa seguiría o ano que vén cun crecemento de medio punto menos do previsto, un 1,5. Din que ven riscos importantes para a economía e falan da fin dun ciclo pero descartan unha nova recesión. E en liña co crecemento, tamén empeoran as previsións de paro e débeda.

As afiliacións á Seguridade Social aumentarán un 2,2% este ano e o ritmo reducirase á metade o ano que vén. E o déficit pechará este exercicio nun 2,4%, seis décimas por riba do comprometido polo Goberno en Bruxelas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019