CRTVG

Buscar

Funcas empeora as súas previsións e prognostica unha caída do 13% da economía española este ano

Publicado o 15/09/2020 16:49
Funcas empeora as súas previsións e prognostica unha caída do 13% da economía española este ano


E a Fundacion das Caixas de Aforros empeora a súa previsión para a economía española, que caería un 13 por cento este ano.

Nun informe difundido hoxe, FUNCAS di que, xunto á caída do PIB, o paro chegará ao 17 por cento, o déficit ao 12 por cento e a débeda pública superará o 120 por cento do produto interior bruto, a cifra máis alta desde 1902. FUNCAS prevé que a economía española non volverá aos niveis precovid ata o ano 2024, segundo os seus prognósticos.

 

Noticias web

15/09/2020