Fuciño de porco é o novo imán turístico da Mariña
Punta Socastro, máis coñecida como Fuciño de porco, é o novo imán turístico da Mariña. A instalación de pasarelas permitiu descubrir un lugar que ata hai pouco só coñecían os da zona. Agora tamén podemos visitar o Fuciño desde o mar, e descubrir por que o bautizaron así os mariñeiros de Viveiro.
Dous vellos mariñeiros e dez turistas. Todos metidos nun bote. Vogando van pola ría de Viveiro.Na meta agarda maxestuoso o Fuciño do Porco, tal e como o vían os que alcumaron este saínte, o último descubrimento turístico da zona.
Praias, covas, lendas, barcos pesqueiros camiño do Gran Sol... a viaxe ao Fuciño permite descubrir os tesouros da ría a bordo dunha embarcación tradicional de pasaxe.
Pescada do pincho e fociño de porco, é o menú que atopamos en Viveiro para gozar dunha inesquecible xornada de verán.