CRTVG

Buscar

Frouxo inicio da campaña de pesca fluvial

Publicado o 18/03/2019 17:18

A campaña de pesca fluvial comezou en Galicia algo mellor do que moitos contaban. Houbo un bo nivel de capturas en diversas zonas do país, e malia a redución de cotas e que nalgúns ríos as augas baixaron moi frías ou turbas, moitos pescadores fan un balance positivo da primeira xornada.

Malia este bo sabor de boca inicial, din que aínda é cedo para prognosticar se vai ser unha boa campaña. Malia todo, nalgúns como o Cabe, en Monforte, chegaron coller al gunha troita de case dous quilos. Agora os pescadores din que polo momento hai pouco peixe e haberá que agardar para ver como evoluciona a campaña.

Este ano as licenzas de pesca en Galicia superan as 40.000. Ademais do cambio nas cotas, como novidade medran as zonas de pesca sen morte, con tres novos puntos.

Noticias web

18/03/2019