CRTVG

Buscar

Friol ensaia tamén como serán as votacións: "A seguridade é absoluta"

Publicado o 09/07/2020 18:49

Así é como exerceremos este domingo o dereito ao voto. En todas as provincias realizáronse simulacros para observan o correcto funcionamento das medidas de prevención. Hoxe tocoulle á de Lugo e máis concretamente ao concello de Friol.

Emilio de La Iglesia, coordinador de prevención das eleccións ao Parlamento de Galicia, di que nestes simulacros comprobaron que as medidas de seguridade funcionan correctamente.

En todos os colexios haberá marcas e un control de acceso para garantir a distancia de seguridade. Haberá que usar a máscara de forma obrigatoria, e facilitarase unha se non se leva da casa. Tamén haberá xel para desinfección de mans e limparase con frecuencia o local.

Ninguén da mesa tocará o carné de identidade que se depositará nunha bandexa. Para o reconto de papeletas utilizaranse luvas específicas.

Emilio de la Iglesia teno claro: "Temos que cumprir todos as medidas de seguridade. É unha corresponsabilidade dos cidadans e das institucións. A seguridade é absoluta".

Recoméndase levar a papeleta preparada da casa e terán prioridade para acceder aos colexios electorais as persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.


 

Noticias web

09/07/2020