CRTVG

Buscar

Friol e Vedra promoven os produtos locais coa venda en liña

Publicado o 08/03/2021 13:21

Neste época de pandemia, as plataformas de venda en liña estanse impoñendo como un bo xeito de vender e promover os produtos do rural galego. Dous concellos, o de Vedra, na Coruña, e o de Friol, en Lugo, experimentan neste ámbito con distintas estratexias, pero idéntico obxectivo: dinamizar o rural.

Hai Vedra é unha plataforma de venda en liña que pon en contacto os cormerciantes e produtores deste concello próximo a Santiago cos posibles clientes. Unha cooperativa de traballadores administra a páxina e unha de loxística encárgase de recoller e entregar os pedidos. Trece empresas ofrecen xa os seus produtos ou servizos a través da plataforma e hai otras tantas en espera.

Rosa, unha emprendedora con experiencia no comercio en liña, foi unha das primeiras en apuntarse á plataforma, que pola súa facilidade de uso ve como un complemento ás redes sociais. "Funcióname de escaparate. Hai xente que ve o produto e di: 'Rosa non sabía que tiñas iso aí, podesme gardar un', ou mellor xa o compra a través da páxina".

O mercado virtual do concello lugués de Friol leva un ano funcionando e agora vai un paso máis aló sumándose a unha plataforma estatal de venda online de produtos rurais. É o primeiro da provincia de Lugo en formar parte desta plataforma e dicidimos dar o paso e aí estamos contactando cos comerciantes a ver quen quere adherirse, informándoos un pouco de como funciona todo esto.

"As vantaxes son a posibilidade de chegar a máis xente e a comodidad a partir dun simple clic sobre o pedido. Desde Friol a calquera lugar da Península en menos de 48 horas".

Noticias web

08/03/2021

Máis sobre actualidade