CRTVG

Buscar

Friol activa unha plataforma na Rede para vender o pan e os derivados do leite

Publicado o 15/04/2020 21:29

Esta queixería de Friol tivo que deixar de servir leite cru e queixo aos seus numerosos clientes hostaleiros por causa do estado de alarma. Aínda que segue traballando para tendas, supermercados e particulares, decidiu participar na plataforma dixital que van poñer en marcha o concello e os empresarios para dar saída aos produtos que non están a vender. O obxectivo é que as pequenas empresas de Friol dispoñan dun escaparate na rede onde amosar e comercializar o que producen e o que teñen almacenado.

"A baixa é considerable polo peche dos clientes hostaleiros que consumían moito. Por exemplo, nós temos totalmente paralizado o mercado de Madrid, que era moi importante".

Por outra banda, a plataforma servirá para dar a coñecer as características e promocionar todo aquilo que ofrecen os comercios e as pequenas empresas de Friol. Dese xeito, queren ser suficientemente valorados e recoñecidos nos mercados cando se poida recuperar a normalidade. Este segundo obxectivo está pensado, sobre todo, para os negocios que agora se ven obrigados a permanecer sen actividade.

Noticias web

15/04/2020