Frío e neve na zona de montaña de Ourense
Publicado o 17/12/2019 14:04
En Ourense a neve cubriu os cumios por riba dos mil metros aínda que menos da que se agardaba.
Pouca neve pero moito frío. Os termómetros caeron na Veiga ata os menos 4 graos. Unha friaxe que obriga a extremar as precaucións na estrada.
Refachos de vento, que aquí na Mezquita superaron os 50 quilómetros por hora.
Loce o sol tras varios días de choiva e hai que aproveitar, entre outras cousas para gardar a leña.
A faciana máis amable atopámola en Manzaneda. A neve cobre a estación cuns 15 centímetros de espesor. Non é suficiente para practicar o esquí, pero si para dar paseos e xogar en familia.