CRTVG

Buscar

Frío e neve na provincia de Ourense, con temperaturas de ata -6 graos

Publicado o 04/01/2021 14:41

As máquinas esparexedoras de sal e as quitaneves traballan arreo despre primeira hora para despexar as estradas secundarias do concello ourensán de Chandrexa de Queixa. 

Moito frío e temperaturas baixo cero, ata os -6 graos nas zonas da montaña de Manzaneda e Trevinca. A neve callou de novo por riba dos 900 metros na zona oriental da provincia de Ourense.

A principal dificultade para circular está nas estradas secundarias por mor da acumulación da neve, pero sobre todo polas pracas de xeo, pero non hai aldeas incomunicadas. 

Sen problemas para transitar polas estradas, a rede viaria principal está limpa, aínda que cómpre extremar as precaucións.

Só está pechada ao tráfico a OU-122 en Carballeda de Valdeorras. As nevaradas deixan un fermosa imaxe deste tempo de inverno. 

Xaneiro comeza con neve, frío e xeadas, que se van intensificar nas vinderias horas porque seguen baixando as temperaturas.

Meteogalicia ten activado para mañá un aviso amarelo en practicamente toda a provincia de Ourense, onde os valores poden baixar ata os -4 no sur e os 6 baixo cero nas zonas de montaña. 

Noticias web

04/01/2021