CRTVG

Buscar

Freo ao prezo dos alugueiros e garderías gratis, entre as 370 novas propostas de Sánchez

Publicado o 03/09/2019 08:11

Finalmente, son 370 as medidas que este mediodía vai presentar publicamente o presidente do Goberno en funcións, coa intención de sumar o apoio de Unidas Podemos á investidura. Pedro Sánchez pretende que a Pablo Iglesias lle resulte difícil rexeitar o que denomina un "programa común progresista". Pero os socialistas avisan a Podemos de que non van gobernar a calquera prezo.

Onte foi diante da executiva socialista e hoxe nun acto público en Chamartín; Sánchez presenta este mediodía o froito dos contactos que mantivo en agosto cos axentes das sociedade civil e chama a negociar os equipos de Unidas Podemos esta mesma semana.

Son 370 medidas entre as que se filtraron a universalización da educación infantil cunha rede pública gratuíta, a equiparación en 16 semanas dos permisos de maternidade e paternidade, a blindaxe constitucional das pensións con actualización conforme ao IPC ou outras como zonas de baixas emisións nas cidades de máis de 50.000 habitantes.

Tamén haberá medidas para frear a burbulla dos prezos dos alugueiros, para comunicar as aldeas diariamente coas cabeceiras de comarca, regular a eutanasia e o consentimento das mulleres. Medidas que buscan a complicidade de Unidas Podemos apelando ás coincidencias en políticas sociais.

"Se sentamos a falar co PSOE será para falar dun goberno integral que inclúa programa ou estrutura de goberno", di Noelia Vera.

En Podemos amósanse escépticos e pídenlle ao PSOE fliexibilidade na mesa de negociación. Pero os cadros xa executiva socialista din que a investidura frustrada do 25 de xullo crebou a necesaria confianza nunha coalición e ofrece a cambio a posibilidade de auditar o cumprimento do programa.

Jose Luís Ábalos, secretario de Organización do PSOE, asegura que distingue claramente "a quen está bloqueando por bloquear e a quen ten outras pretensións, que é a fórmula do goberno de coalición". Ábalos considera que a insistencia nesa fórmula "coincide coa posición da dereita", aínda que non teñan o mesmo posicionamento.

Ábalos insiste en que non gobernarán a calquera prezo, mentres o líder do PP segue apelando á unidade da dereita ante unha eventual convocatoria electortal para novembro, tras a negativa de Rivera de concorrer ás xerais baixo a coalición España Suma.

"España Suma pero a corrupción resta, é dicir, non todo o mundo vai votar a un partido que ten corenta e tantos casos por resolver", afirma Albert Rivera, o presidente de Ciudadanos.

Desde o PP, Casado insiste: "Nós estamos ao noso. Non queremos eleccións, pero si imos estar preparados e ante os electores debemos ter a responsabilidade de ir cun proxecto para España conxunto".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019