CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Fred Vargas, premio Princesa de Asturias das Letras

Publicado o 24/05/2018 16:56

A escritora francesa de novela negra Fred Vargas gaña o Princesa de Asturias das Letras, que levaba unha década sen recaer nunha muller.

Esta mañá, o xurado facía público o nome da premiada, que é tamén unha das grandes expertas mundiais na peste negra da Idade Media.

Fréderique Audoin-Rouzeau, coñecida polo seudónimo de Fred Vargas, en referencia a protagonista do filme 'A condesa descalza', foi científica antes ca novelista. Compaxinou a investigación en arqueozooloxía coa escrita, sempre de xénero negro, ata 2005.

É a autora francófona máis lida do ano pasado, e aínda así, Fred Vargas é unha rara avis, esquiva e discreta, que constrúe tramas coa mesma precisión coa que unha arqueóloga abre a terra.

A súa última novela, editada en España por Siruela, é 'Cuando sale la reclusa'.

Zigzag Diario

24/05/2018