Frea a redución de casos activos en Galicia (-9) e baixan as hospitalizacións
• A presión asistencial diminúe en 31 persoas, 27 menos en planta e catro menos en UCI
• Baixan os casos na maioría das áreas sanitarias. Soben nas da Coruña, Pontevedra e Lugo
Frea a baixada de casos activos en Galicia. Hai 9.051, só nove menos ca onte, tras o aumento dos novos contaxios ata os 501,113 máis. Dende o domingo 15 ata hoxe foise desacelerando a diminución de casos activos de xeito diario.
ÚLTIMA HORA | Fréase a redución de casos activos en Galicia (-9) e baixan as hospitalizacións. Os detalles aquí https://t.co/IO3kAboodf pic.twitter.com/c2daj3BGEJ
— G24 (@G24Noticias) November 18, 2020
Por áreas sanitarias a repartición é a seguinte:
• Vigo: 2.317 (-30)
• A Coruña: 1.876 (+41)
• Pontevedra: 1.254 (+41)
• Lugo: 1.100 (+29)
• Santiago: 1.006 (-30)
• Ourense: 749 (-31)
• Ferrol: 749 (-28)
Redúcese lixeiramente a presión asistencial
A cifra de hospitalizados no país semellaba estabilizarse arredor dos 600, e hoxe redúcese ata os 578. Nesta xornada notificáronse as altas de 31 persoas: en planta hai 476 (-27) e nas UCI, 102 (-4).
Por desgraza, notificáronse seis falecementos no día de onte, que elevan o número de vítimas desta pandemia no país ata as 1.092.
Soben as PCR
Aumentan as probas PCR feitas. O Sergas comunica na páxina web oficial 7.336, 439 máis ca onte. Con todo, son 121 menos ca o mércores pasado. Sitúase un pouco por debaixo da media da semana pasada (7.713,43).
Mapa de nives de alerta por concellos