CRTVG

Buscar

Francisco Vázquez: "O PSOE rachou co seu compromiso constitucional"

Publicado o 08/07/2019 12:48

A investidura

"Non hai unha boa relación entre Pedro Sánchez e Albert Rivera. Hai sectores do PSOE que por intereses electorais xa están pensando en repetir eleccións. Hai moitos que pensan que xa é hora de volver o bipartidismo. Se agora os partidos políticos non son quen de responder o que demandaban os cidadáns, que haxa pactos, vai provocar desencanto". 

O papel de Ciudadanos

"Eu comparto a defensa do constitucionalismo con Ciudadanos. Albert Rivera debería estar disposto a formar un goberno de coalición. E así xa non habería que pactar cos nacionalistas.  

O papel de Podemos

"O único que lle interesa a Pablo Iglesias é entrar no Goberno para manter o liderado. Pero a súa última proposta é preocupante. Non sería un goberno de unidade, cada un facendo o que queira por separado". 

Os pactos do PSOE

"O PSOE non debería pactar co trípode da maldade: con comunistas, independentistas e Bildu. O PSOE rachou co seu compromiso constituínte. Está permitindo a extensión de poder de grupos que queren derrogar a Constitución. O caso de Navarra é unha grande traizón, dándolle un papel protagonista a Bildu"

Vox 

"É unha dereita dura, que xorde do descontento co PP de Rajoy. Pero non é un partido anticonstitucional" 

Nacionalismos

"Os partidos nacionalista sempre aspiraron á independencia dos seus territorios ou a cambiar o modelo de Estado. O PSOE busca sempre como muleta estes partidos e, por iso, non estou dacordo co partido co que militei. Ademais, ten o cancro do PSC"

A Coruña   

"É necesario unha urxente reforma da lei electoral nos concellos para evitar pactos antinaturais. A Coruña sofreu un parón profundo nos últimos catro anos e por iso houbo un voto de castigo" 

Abel Caballero

"Ten un proxecto político co que se identifica a maioría dos vigueses con independencia da súa ideoloxía"

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí