CRTVG

Buscar

Francisco: "O que toca é seguir sendo humildes e sumar puntos"

Publicado o 09/02/2018 21:38

 

O domingo xoga o Lugo, que visita o campo dun Zaragoza en horas baixas. Partido importante para os de Francisco, arestora en postos de promoción pero coa ollada posta na cabeza da táboa. O adestrador destacou hoxe a necesidade de seguir sumando para estar entre os primeiros. Pero sempre, dixo, con prudencia e cos pés na terra. 

O Zaragoza está 10 puntos por detrás do Lugo e vén de empatar na última xornada ante o Alcorcón. O técnico maño non poderá contar con Toquero nin con Grippo para o partido do domingo. Natxo González considera que a verticalidade lo Lugo nos últimos metros faino un equipo importante e moi perigoso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018