Francisco González renuncia temporalmente como presidente de honra do BBVA
Publicado o 14/03/2019 18:14

Francisco González renuncia como presidente de honra do BBVA. Tamén deixa a presidencia da fundación do banco. Pero faino temporalmente, mentres siga a investigación do caso Villarejo. Un caso que investiga, segundo as escoitas ao ex-comisario, a suposta espionaxe do BBVA a empresas, xornalistas, e políticos na etapa en que Francisco González era presidente do banco.
González renuncia un día antes da xunta de accionistas da entidade. Nunha carta dirixida ao actual presidente, explica que abandona os cargos para evitar ser utilizado para facerlle dano ao banco.