CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Francisco González Lameiro, volve estar detido no cuartel da Garda Civil de Pontevedra

Publicado o 28/05/2018 14:55

Francisco González Lameiro, o dono da pirotecnia La Gallega, volve estar detido no cuartel da Garda Civil de Pontevedra, despois de todo o material explosivo que atoparon nos rexistros da fin de semana. Demetrio Morenza,


Pois si, Francisco González chegaba polo seu propio pé ao cuartel da Garda Civil de Tui, contra as nove e media e xa quedou detido.
Trasladárono nun vehículo camuflado cara a esta Comandancia da Garda Civil de Pontevedra onde permanece arestora ata que pase de novo a disposición xudicial. Está acusado de tenza de explosivos e risco catastrófico.