CRTVG

Buscar

Francisco Conde:"O Goberno Central tén que proporcionar un prezo competitivo para a enerxía"

Publicado o 23/01/2019 12:23


No Bos día, Marcos Sueiro entrevista ao conselleiro de Industria, Francisco Conde. Nela analizan a situación do sector industrial galego: Alcoa, Meirama e en xeral a situación das empresas electrointensivas. Tamén desmiuzarán os orzamentos do Ëstado para Galicia.

Acordo de Vulcano co Santander e Armas para a construcción do Ferri

"É un acordo bilateral, dunha empresa privada, e neste momento temos que ser moi prudentes, coñecer ese acordo e que o resto das partes implicadas, os traballadores e industrias auxiliares, poidan identificar cales son os pasos para afrontar a finalización do Ferri".

"É certo que o sector naval está consolidando a súa recuperación. No sector privado, somos a segunda rexión a nivel europeo onde máis contratros hai en vigor neste momentos. Galicia soubo recuperar a situación xerada polo 'Tax-lease', temos aproximadamente o 40 por cento da carga de traballo de toda España."

Feijóo insta a "cortar chapa" para as futuras fragatas.

Levamos moitos anos traballando para chegar a este punto. Un punto de compromiso por parte do Goberno para construir estas cinco fragatas e que os traballadores poidan recuperar a estabilidade. (..) é unha carga de traballo inmediata cunha visión de 10 anos, e tamén que estas fragatas se poidan vender a outras armadas, cons posibilidade de continuidade a futuro."

"Agradecemento aos traballadores, de Alcoa, polo impulso durante estes tres meses"

"Os traballadores souberon afrontar unha situación para que Alcoa poidera dar unha solución e, polo, tanto agora teñamos unha posibilidade nos próximos cinco meses de atopar unha solución. O que puxo en evidencia é que a situación de Alcoa é un problema enerxético, un problema do prezo da enerxía".

Prezo da enerxía

"A prioridade tén que ser que o Goberno ten que dar unha resposta e poida concretar un prezo competitivo para Alcoa. Ten enorme importancia para Galicia porque non só está afectada Alcoa Coruña, senón que tamén afecta Alcoa San Ciprián e ao resto de empresas electrointensivas. Son 5.000 empregos en Galicia que se ven afectados polas decisións que poida tomar o Goberno nos próximos cinco meses para ofrecer un prezo competitivo as empresas electrointensivas."

"Estamos en contacto co Ministerio e tamén houbo investidores que se puxeron en contacto coa Xunta de Galicia que llos remitimos ao ministerio. os investidores preguntan polo prezo enerxético co que van producir.

Meirama é unha moi mala nova
"Naturgy incumpre o seu compromiso con Galicia. (...) O Goberno Central non está apostando pola industria, está plantexando unha transición inxusta en termos de emprego e competitividade"

Orzamentos do Estado
"O primeiro que fan é subir os impostos e polo tanto dar unha carga adicional en perda de competitividade á industria e en perda de poder adquisitivo aos cidadáns. Os orzamentos pón a España en situación do incremento do deficit público".

"Fandicosta é un tema moi emotivo, persoal e de goberno"

"Foi un momento moi duro porque ardeu a fábrica. Hoxe é un día de recoñecemento aos traballadores e aos propietarios de Fandicosta porque foron quen de levantar un proxecto colectivo. Vamos a asistir hoxe a posta e marcha dun novo proxecto, que xa está facturando máis que cando se produciu o incendio".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019