CRTVG

Buscar

Francisco Conde cualifica de sólida e solvente a candidatura galega aos fondos europeos

Publicado o 21/09/2021 21:03

O encargado da clausura, que se está realizando nestes momentos, é o vicepresidente económico da Xunta. Francisco Conde destacou o papel do tecido empresarial galego para identificar os retos e oportunidades da economía poscovid e apelou á colaboración público-privada para atraer investimento.

Asegurou que Galicia ten unha candidatura sólida e solvente para competir polos fondos europeos e pediulle equidade ao Goberno: "Estamos nun momento importante e trasladámoslle ao Goberno a necesidade dunha colaboración, que haxa criterios obxectivos para competir con outras comunidades autónomas, pero sobre todo que haxa un proceso de transparencia". 

Noticias web

21/09/2021