CRTVG

Buscar

"Endesa beneficiouse de recursos galegos e agora traizoa as administracións e os traballadores"

Publicado o 20/01/2021 09:41

A Xunta di que seguirá loitando a carón dos traballadores de Endesa.

Francisco Conde, conselleiro de Industria: "A decisión de Endesa é unha falta de respecto tanto ao Goberno central como á Xunta e aos trablladores".

"Endesa traizoou os traballadores e nestes momentos o único que merece é un non rotundo por parte dos traballadores, do Goberno Central e da Xunta".

"Imos trasladar á mesa das Pontes un informe para identificar se hai futuro".

"As administracións e os traballadores defenden un futuro viable cos biocombustibles".

"A empresa quere rachar co compromiso con Galicia e cos traballadores. Non podemos aceptar que despois de todo este tempo en que a empresa se beneficiou dos recursos galegos, traizoe a posición das administracións e dos traballadores".

Noticias web

20/01/2021