CRTVG

Buscar

Francisco Conde: "A formación é o único camiño para medrar"

Publicado o 12/01/2018 09:38

Hoxe no tempo da entrevista falamos da situación do emprego en Galicia co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde:

  • "Os datos do paro do ano pasado foron os mellores resultados dos últimos vinte anos, cunha caída de máis do 10%".
  • "Levamos en Galicia oito trimestres consecutivos crecendo máis do 3%. As previsións son que no 2018 este crecemento poida manterse por riba do 2,5 %; dependerá moito de variables, sobre todo a nivel internacional".
  • "O obxectivo é reducir a taxa de paro ao 14 % no 2018 e ao 10% no 2020".
  • "Galicia, co tamaño que ten, está sabendo interpretar no tecido produtivo cales son as formas de competir e sabe que ten que apostar pola innovación. Temos un magnífico produto en termos agroalimentarios, na industria, nos sectores emerxéntes (aeronáutico, biotecnolóxico...)... e sabemos competir na economía global".
  • "Temos que seguir facendo unha aposta pola formación, cada vez máis esixente para o mercado laboral. Non hai outro camiño que a formación nas etapas educativas, na formación profesional e na ocupacional. E aí temos o reto de dar esa resposta ao mercado laboral".
  • "O camiño do mercado laboral é a calidade e a estabilidad. Cando falamos de futuro, na formación é onde temos que poñer o acento".
  • "O sector naval é un claro exemplo de éxito, foron quen de recuperar o liderado. Nestes momentos o sector naval é lider en España. Todos os estaleiros teñen carga de traballo".
  • "Galicia está facendo unha aposta polo sector aeronáutico e está tendo un nome a nivel internacional, como Coasa, en Ourense, que traballa coas principais aeronáuticas".
  • "En Lugo e en Ourense temos que facer un esforzo para dar unha resposta as capacidades de crear emprego".
  • "A automoción galega está consolidada, cunha perspectiva moi positiva".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018