CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Francisco Añón foi un precursor do Rexurdimento

Publicado o 20/04/2018 17:13

Francisco Añón foi un dos principais precursores do Rexurdimento e da recuperación do galego como lingua literaria culta. Naceu en 1812 nesta casa da aldea de Boel, no concello de Outes.

Despois de abandoar os estudos eclesiásticos, licenciuse en Xurisprudencia en Santiago en 1843 e nesa epoca empezou a escribir poemas e a colaborar con xornais. É neses anos tamén cando establece relación co movimento provincialista. Añon era liberal, progresista e republicano e iso causarialle constantes problemas vitais.

Cando en 1846 fracasa a o levantamento liberal de Solis, no que estaba implicado, e son fusilados os Martires de Carral, Añon ten que fuxir a Lisboa. Alí compuxo o poema 'Himno do pobo', que lle valeu a expulsion de Portugal. Despois viaxaría por Italia e Francia. Tivo que pasar a maior parte da sua vida fóra de Galicia, pero Galicia, e especialmente a sua terra natal, foi unha presenza constante nos seus poemas.

Morreu en Madrid o 20 de abril de 1878 e os seus restos desapareceron co tempo nunha foxa común. A sua obra poetica foi reunida e publicada cando el xa morrera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

20/04/2018