CRTVG

Buscar

Francia xulga os atentados de París, nos que morreron 130 persoas, nun proceso sen precedentes

Publicado o 08/09/2021 08:44
Francia xulga os atentados de París, nos que morreron 130 persoas, nun proceso sen precedentes

Nunha sala de audiencias construída ex professo, entre fortes medidas de seguridade, no corazón de París, comeza este mércores o xuízo polos atentados do 13 de novembro de 2015.

Só queda vivo un dos terroristas do comando que matou 130 persoas e feriu varios centos na sala de concertos Bataclan e en accións contra varias cafeterías e contra o Stade de France, no centro de París e varios suburbios do norte. Será xulgado canda outras 19 persoas, consideradas cómplices.

Cinco dos acusados non estarán presentes, pénsase que morreron en Iraq ou Siria. Será un macroproceso sen precedentes, con 1.800 partes civís e 330 avogados.

Noticias web

08/09/2021