CRTVG

Buscar

Francia volver reter a Josu Ternera a petición de España despois da súa posta en liberdade

Publicado o 19/06/2019 20:03
Francia volver reter a Josu Ternera a petición de España despois da súa posta en liberdade

O histórico dirixente da ETA José Antonio Urrutikoetxea, Josu Ternera, quedou retido este mércores, horas despois de que un tribunal decretase a súa inmediata liberación, para que se lle notifique unha euroorde emitida por España, que o reclama por un atentado de 1987 con once mortos.

Fontes xudiciais indicaron que esa notificación se fará nun prazo máximo de 48 horas, e que despois comparecerá ante a sala de instrución do Tribunal de Apelación de París, que decidirá se volve a prisión ou sae libre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019