CRTVG

Buscar

Francia supera os 3.000 contaxios nun día, o que confirma a escalada

Publicado o 15/08/2020 20:38

Francia supera nas últimas 24 horas o limiar dos 3.000 contaxios de covid-19, o que confirma a extensión da epidemia esta semana. As autoridades reforzan o dispositivo de prevención, o que pode causar novas restricións de viaxe con outros países.

Notificáronse na última xornada 3.310 positivos, un incremento notable desde os 1.397 do martes, os máis de 2.600 do xoves e os máis de 2.800 do venres. A taxa de positivos sobe ata o 2,6% no total de probas realizadas. Desde o comezo dos rexistros en febreiro son 215.521 os contaxios. Os gromos son 252 con 17 novos este sábado. Os pacienets en UCI aumentaron en nove con 376 en total.

París e Marsella considéranse zonas de circulación activa do virus, polo que se poden declarar máis medidas restritivas e xa se ampliou o uso de máscaras na rúa e poden pechar bares e restaurantes se non se respecta a distancia de seguridade. A mala evolución dos datos fai temer ás autoridades novas barreiras aos viaxes, como xa aplica o Reino Unido, que lles esixe corentena de 14 días aos que chegan de Francia desde este sábado.

Noticias web

15/08/2020