CRTVG

Buscar

Francia supera o máximo de ingresos en UCI de novembro con 5.270 pacientes

Publicado o 04/04/2021 17:50
Francia supera o máximo de ingresos en UCI de novembro con 5.270 pacientes

En Francia hai case 29.000 persoas ingresadas en hospitais, 1.730 nas últimas 24 horas. E as UCI están case colapsadas, con 5.273 enfermos, case 400 ingresos na últimas xornada.

Supérase así a cifra de pacientes graves da vaga anterior, cando se acadou un máximo de 4.093 franceses ingresados nas UCI a mediados de novembro.

O número de hospitalizacións segue en aumento, con 28.886 enfermos en planta. A cifra de ingresos en sete días tamén sobe, con case 13.500 máis, das que 3.074 entraron en UCI.

A taxa de positividade está no 7,9 %. Os falecidos en Francia son 96.493 desde o comezo da pandemia en marzo de 2020, 187 o último día.

E o país intenta frear a expansión do virus cunha extratexia de vacinación masiva. Máis de 9,2 millóns de persoas recibiron xa polo menos unha dose dunha vacina contra a covid e máis de tres millóns xa teñen a pauta completa.

Francia mantén un confinamento leve, con peche de colexios e comercios non esenciais.

Máis sobre actualidade