CRTVG

Buscar

Francia supera as 80.000 mortes e prolonga o estado de emerxencia ata o 1 de xuño

Publicado o 09/02/2021 22:08
Francia supera as 80.000 mortes e prolonga o estado de emerxencia ata o 1 de xuño

Francia rexistrou nas últimas 24 horas 436 mortes polo coronavirus en hospitais e un cúmulo de 288 decesos en residencias nos últimos días. Con iso, o número de mortos desde o inicio da pandemia sitúase xa en 80.147, segundo as autoridades sanitarias.

En paralelo, a Asemblea Nacional votou este martes a favor de prolongar novamente e ata o próximo 1 de xuño o estado de emerxencia sanitaria, que permite ao Executivo tomar medidas e restrinxir certas liberdades no marco da pandemia. No país hai 27.677 pacientes hospitalizados pola enfermidade, 1.926 máis nun só día, e 3.342 deles atópanse en estado grave dentro das unidades de coidados intensivos (333 máis en 24 horas).

O número de casos positivos confirmados este martes foi de 18.870, e xa suman 3.360.235 desde marzo. Segundo as autoridades, máis de 1,9 millóns de persoas foron vacinadas, pero as cifras deste luns precisaban que só unhas 290.000 recibiron as dúas doses requiridas. 

Noticias web

09/02/2021