CRTVG

Buscar

Francia reduce a sete días a corentena para os casos positivos da covid-19

Publicado o 11/09/2020 18:14
Francia reduce a sete días a corentena para os casos positivos da covid-19

O primeiro ministro francés, Jean Castex, anunciou este venres que o período de corentena en casos de contaxio ou contacto con positivos da covid-19 pasa de catorce a sete días.

"A duración do illamento redúcese a sete días; é decir, o tempo en que hai un verdadeiro risco de contaxio", dixo Castex en conferencia de prensa tras a reunión do Consello de Defensa do Goberno.

O Executivo francés toma esta decisión ante o empeoramento da situación epidémica e o incremento de contaxios diarios do coronavirus, que rozan os 8.000 nos últimos días, confiado en que a redución do illamento faga que o seu cumprimiento sexa máis efectivo.