CRTVG

Buscar

Francia rebaixa esixencias no certificado covid e será preciso para entrar na hostalería e outros lugares públicos

Publicado o 09/08/2021 08:32
Francia rebaixa esixencias no certificado covid e será preciso para entrar na hostalería e outros lugares públicos

A polémica polo uso do certificado covid non cesa en Europa. Francia, ante a presión das protestas, decidiu rebaixar as esixencias para o seu uso para os non vacinados. Dende este luns, será preciso en Francia para entrar na hostalería e outros lugares públicos, pero terá unha validez de 72 horas e non de 48 como anunicara inicialmente o Ministerio de Sanidade galo. Ademais de PCR ou test de antíxenos, pasan a ser válidos tamén os autotest. Estas probas tamén se pedirán para viaxar polo interior do país en tren, autobús ou avión de longa distancia.

Noticias web

09/08/2021