CRTVG

Buscar

Francia fai presión para que a Unión Europea apoie a enerxía nuclear

Publicado o 12/10/2021 21:21

A poucas horas de que Bruxelas lance unha batería de medidas para rebaixar a factura da luz na Unión Europea e para dar axudas ás familias e empresas máis afectadas pola crise dos prezos da electricidade, Francia aposta por incentivar a enerxía nuclear en todo o continente. E a presión de París chega con feitos e palabras. O Goberno de Emmanuel Macron financiará con 1.000 millóns de euros o desenvolvemento nuclear do país dentro dun programa moi amplo de reindustralización.

Serán minirreactores cos que garantir a electricidade gala e non depender da importación de gas e petróleo. O 70 % da enerxía que consume Francia é nuclear.

Pero ademais París lidera un grupo de dez socios comunitarios que defenden que Bruxelas considere como verde a enerxía nuclear. Acaban de pedir por carta á Comisión que ante a actual crise enerxética se potencie a nuclear por ser estable e independente.

Xogan a carta da actual volatilidade dos prezos da luz para gañar o apoio de Bruxelas e semella que están a piques de conseguilo.

Noticias web

12/10/2021