CRTVG

Buscar

Francia pide aos seus cidadáns que eviten visitar Cataluña

Publicado o 26/07/2020 17:28

A medida supón un novo revés para localidades como LLoret de Mar, que viven case en exclusiva do turismo, boa parte procedente do país galo

En LLoret de Mar e nas demais poboacións costeiras catalás, que viven case exclusivamente do turismo, reséntense da desconfianza que xeran como destino por culpa do auxe de casos de coronavirus na comunidade autónoma. Consideran que a recomendación do goberno francés aos seus compatriotas para que non visiten Cataluña é desmedida.

Polo momento, Francia mantén aberta a fronteira con España, pero a advertencia do primeiro ministro para evitar os desprazamentos a Cataluña "mentres a situación sanitaria non mellore" é un novo revés para o sector nunha temporada que moitos xa dan por perdida.

De feito, Francia é o primeiro mercado internacional emisor de turistas da comunidade . En 2019 Cataluña recibiu mías de catro millóns de visitantes franceses.


 

Noticias web

26/07/2020