CRTVG

Buscar

Francia pecha 22 escolas tres días despois do regreso ás aulas

Publicado o 04/09/2020 16:36

A apertura das escolas non está a ser doada. Aos catro días do seu inicio, en Francia xa pecharon un total de cen clases en 22 colexios, dez deles na Illa Reunión, un territorio de ultramar, e outros doce na Francia continental. En total hai sesenta mil escolas en todo o país e máis de 12 millóns de estudantes, polo que o Goberno considera un éxito a volta ás aulas. Italia vai conceder permisos e facilitar o teletraballo aos pais do rapaces en corentena. A alternativa ás clases presenciais enfróntase á chamada fenda dixital que mesmo se manifesta en países como os Estados Unidos.

Mentres América Latina segue a loitar contra unha pandemia que non remite. A súa expansión ás provincias está a levar ao límite o sistema de saúde arxentino. As últimas cifras son malas: o número de casos superou a marca dos 12.000 contaxiados. Están ocupadas o 61% por cento das prazas de coidados intensivos, case o 70 por cento en Bos Aires.

A Organización Mundial da Saúde sostivo hoxe que o máis probable é que as vacinacións masivas non empecen ata mediados do vindeiro ano.

 

Noticias web

04/09/2020