CRTVG

Buscar

Francia suaviza o discurso sobre as viaxes a España e lembra que non hai restricións para vir ao noso país

Publicado o 09/07/2021 20:24
Francia suaviza o discurso sobre as viaxes a España e lembra que non hai restricións para vir ao noso país

Francia suaviza o seu discurso respecto ás viaxes dos seus cidadáns a España. Os ministros de exteriores de ambos países coincidiron na prudencia e no certificado europeo de vacinación como claves para unha mobilidade segura por Europa, e concretamente por España. Tras unha xuntanza entre os dous homólogos o discurso pasa por non tomar decisións precipitadas porque, sinalan, non hai razón para pedir os cidadáns que anulen as súas vacacións en España. O goberno francés lembrou ademais que non hai ningún tipo de restrición á mobilidade cara España.

Noticias web

09/07/2021