CRTVG

Buscar

Francia, Italia, Suíza ou Croacia son os lugares onde máis se están sentindo as elevadas temperaturas

Publicado o 27/06/2019 15:20

Europa é unha praia estes días. O vello continente segue en plena crise dos corenta, dos corenta graos de temperatura. Unha crise climática, perigosa, que desespera a locais e turistas.

"Non se pode facer nada, non hai solución".

Imposible soportar a vaga de calor sen auga. En Alemaña, ata os elefantes do zoo o teñen claro. Con poucas sombras, escaso aire acondicionado e termómetros ao límite, a sensación comunitaria é evidente.

Con tanta calor, que, menos o casco e as sandalias, este motorista decidiu que lle sobraba todo o demais. A policía, en Alemaña, pediulle que puxese o pantalón. Pantalóns curtos baixo paraugas, é a imaxe máis repetida en París, onde seguen por riba dos trinta graos. En Berlín, están a 28, Atenas pasa dos trinta, en Suíza e en Croacia a alerta por elevada calor é vermella. Roma supera os trinta, en Milán case chegan aos corenta graos de temperatura. O cambio climático desmonta o calendario e obriga, en Europa, a botarse á auga para case todo. Aos europeos fáltalles o aire estes días.

Noticias web

27/06/2019