CRTVG

Buscar

Francia gáñalle a Bélxica e métese na final do Mundial

Publicado o 10/07/2018 21:55
Francia gáñalle a Bélxica e métese na final do Mundial

Francia disputará a súa terceira final dun campionato do Mundo tras vencer a Bélxica (1-0) na semifinal de San Petersburgo grazas a un gol de Samuel Umtiti ao comezo da segunda parte.

A de Rusia 2018 será a terceira final dun Mundial para o combinado galo, que gañou a de 1998 pero perdeu a de Alemaña 2006 contra Italia. Bélxica, pola súa banda, volve quedar en portas dunha final, tal e como sucedeu en México 1986, cando terminou cuarto, o seu mellor rexistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2018