CRTVG

Buscar

Francia estende a vacinación a todos os adultos a partir do 31 de maio

Publicado o 21/05/2021 08:22
Francia estende a vacinación a todos os adultos a partir do 31 de maio

En Francia, os maiores de dezaoito anos poderán vacinarse contra a covid−19 a partir do 31 de maio. Empezarán as persoas que traballan en profesións prioritarias no sector público e no privado, incluídos mestres, policías, caixeiros e condutores de autobuses.

O Goberno francés adianta dúas semanas o plan de vacinación previsto para ese colectivo e tras rebaixar as restricións coa reapertura de cafés, cinemas e museos. Tamén se atrasou o toque de recollida para poñelo ás nove da noite.

Noticias web

21/05/2021