Francia apea dos cuartos de final á selección olímpica de baloncesto (64-67)
Publicado o 04/08/2021 15:52

A selección española de baloncesto feminino foi eliminada por Francia nos cuartos de final cun resultado de 64-67.
O combinado do que forman parte as galegas Raquel Carrera e Tamara Abalde (que non xogou) foi todo o partido a remolque e por debaixo no marcador. Chegou incluso a ter un parcial negativo de 14 puntos.
No último cuarto foron quen de recortar distancias e achegarse moito no marcador. Incluso Domínguez tivo un triplo no último ataque para gañar o partido, pero non puido ser.
Raquel Carrera xogou un total de 10:37 minutos, anotou dous puntos e sumou un rebote e unha asistencia.