Francia e Israel endurecen as súas restricións ante o aumento dos contaxios de covid
Francia impón desde este mércores a presentación do certificado sanitario a todos os que queiran acceder aos cines, teatros, museos e a calquera evento cultural ou espectáculo deportivo ou doutro tipo que reúna máis de 50 persoas. O goberno de Enmanuel Macron adopta esta medida de urxencia ante o aumento dos contaxios da covid, máis de 18.000 este mércores, un nivel que non se acadaba desde o mes de maio. Tamén o goberno de Israel impuxo novas restricións ante o aumento dos casos. Malia que este país liderou desde o principio a vacinación a nivel mundial, esta semana os contaxios por Covid alcanzaron cifras que non se vían desde marzo. Entre outras medidas, as autoridades israelís esixen a presentación do sistema de tarxeta verde para acceder aos espazos pechados. Tamén estudan restrinxir a mobilidade ou a volta ao uso da máscara.