Francia e Grecia anucian hoxe os seus plans de desescalada
Publicado o 28/04/2020 08:58
Os primeiros ministros de Francia e Grecia anuncian este martes os seus plans para unha volta progresiva á normalidade dos seus países.
Edouard Philippe e Kyriakos Mitsotakis comparecen en conferencia de prensa para informar como será o desconfinamento e o alivio progresivo das restrición ao movemento e de actividades comerciais.
Francia rexistrou 437 mortos por coronavirus nas últimas 24 horas e os falecidos desde o inicio da pandemia superan os 23.000.