CRTVG

Buscar

Francia e Alemaña interésanse pola vacina rusa Sputnik V para subministrala en Europa

Publicado o 31/03/2021 15:20

Os presidentes de Alemaña e Francia, Merkel e Macron, mantiveron un encontro telemático con Vladimir Putin. Sobre a mesa, a avaliación da vacina rusa e a súa produción, con miras a ser subministrada no vello continente. A Sputnik V está sendo analizada actualmente pola Axencia Europea de Medicamentos .

Neste mes de abril, un equipo de especialistas viaxará a Moscova para visitar os centros de produción e almacenamento do preparado ruso. 

 

Noticias web

31/03/2021