Francia e Alemaña estudan eliminar o uso obrigatorio da máscara no exterior
Publicado o 15/06/2021 15:24

O debate de retirar a máscara tamén se dá noutros países europeos onde aínda é obrigatorio o seu uso. En Bélxica hai unha semana que a máscara deixou de ser obrigatoria ao aire libre, agás en espazos moi concorridos, e outros países europeos camiñan na mesma dirección. Francia podería eliminar a obriga do uso en exterior a a partir do próximo un de xullo, se a situación sanitaria segue mellorando no país. Alemaña tamén prepara a relaxación gradual do uso da máscara, primeiro ao aire libre e posteriormente en espazos interiores. Italia, Grecia e España son os países máis esixentes no uso desta medida de protección.