CRTVG

Buscar

Francia dará 100 euros a 6 millóns de fogares para facerlle fronte á factura da luz

Publicado o 16/09/2021 21:05

A crise dos elevados prezos da luz esténdese por Europa adiante. Aínda que moitos países teñen tarifas reguladas que protexen os consumidores, as facturas en Francia, Italia ou Portugal estanse a encarecer. No caso de Francia, o Goberno de Emmanuel Macron anuncia axudas directas ás familias. Serán 100 euros nun cheque extraordinario para case 6 millóns de fogares. Porque o prezo do megawatt/hora mesmo superou o de España. 196 euros no mercado galo fronte aos 188 do ibérico. En Francia o cálculo periódico das tarifas reguladas impide alzas espectaculares.

Pero o Goberno de Macron anuncia estas axudas directas ás familias porque a factura encarecerá en febreiro, ás portas das eleccións presidenciais. Noutros países como Italia o prezo da electricidade tamén se dispara. Subirá un 40 % en outubro e o megawatt/hora xa supera os 180 euros.

En Portugal comparten o mercado almacenista con España pero só a metade dos 188 euros do megawatt se trasladan á factura. Aínda así, os portugueses verán que o día 1 a luz tamén lles custa máis.

Noticias web

16/09/2021