CRTVG

Buscar

Francia celebra o 14 de xullo como homenaxe ás vítimas do coronavirus

Publicado o 14/07/2020 18:49

Francia celebrou hoxe o seu día nacional, unha xornada marcada este ano pola pandemia da COVID-19, que causou 30.000 vítimas. Non houbo público no gran desfile militar que se celebra dende hai 140 anos para conmemorar a caída da Bastilla, e as tropas desfilaron en círculo pola praza da Concordia en lugar de baixar polos Campos Elísios. O desfile converteuse nunha homenaxe emotiva ás vítimas, aos sanitarios e a todos os traballadores esenciais que prestaron os seus servizos nos momentos máis difíciles da crise.

Noticias web

14/07/2020