CRTVG

Buscar

Francia asegura que matou o líder de Al Qaeda do Magreb Islámico no Sahel

Publicado o 06/06/2020 10:32
Francia asegura que matou o líder de Al Qaeda do Magreb Islámico no Sahel

A operación militar francesa na que morreu Abdemalek Drukdel e moitos dos seus colaboradores realizouse o mércores nunha zona ao noroeste de Malí.

A ministra francesa de Defensa anunciou na súa conta de Twiter o éxito da operación para liquidar a célula terrorista. O alxeriano Drukdel era un dos pesos pesados do xihadismo no Sahel e, ademais de liderar Al Qaeda do Magreb Islámico, integrouse nunha confederación de grupos armados que era un auténtico pesadelo para o exército maliano, a forza militar rexional do G5 do Sahel, a operación militar francesa e a misión da ONU en Malí.

Drukdel militaba no terrorismo xihadista desde hai tres décadas.