CRTVG

Buscar

Francia, Alemaña e Polonia, os países máis afectados polas altas temperaturas

Publicado o 29/06/2019 18:28

En Europa a situación tampouco está moito mellor, con países como Francia, Italia, Alemaña ou Polonia cos ollos postos nos termómetros despois da morte de varias persoas que podería estar relacionada coa vaga de calor.

Se en Francia, no día de onte superaban o seu recórd nos rexistros, con 45,9 graos ao sur do país, para a xornada de hoxe espéranse máximas de 40 na mesma zona. O consumo de electricidade disparouse e mesmo apareceron problemas no ferrocarril por dilatacións nas vías.

En Italia agárdase superar os 35 graos, pero será en Alemaña e en Polonia ou a República Checa, onde se están a dar, por non estaren afeitos, moitos problemas aínda que as temperaturas acadadas foran un pouco máis baixas, de 39 graos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019