CRTVG

Buscar

Francia adianta o toque de queda ás seis da tarde para frear o virus

Publicado o 15/01/2021 09:43
Francia adianta o toque de queda ás seis da tarde para frear o virus

O primeiro ministro francés, Jean Castex, anunciou este xoves un endurecemento do toque de queda en todo o país, que pasa da 20.00 hora local ás 18.00 horas, para evitar un empeoramento da situación epidémica e a extensión das novas variantes máis contaxiosas.

A medida, que fora aplicada nas últimas semanas en 25 do centenar de departamentos do país, aplicarase a partir do sábado e durante un mínimo de dúas semanas en todo o territorio francés para evitar unha repunta da pandemia o empeoramento da situación en países veciños.

A incidencia do coronavirus en Francia é de 187,8 casos por 100.000 nos últimos sete días.

Castex anunciou ademais que todos os viaxeiros que cheguen ao país procedentes de fóra da Unión Europea deberá presentar un test negativo antes de viaxar a Francia e illarse durante unha semana á súa chegada, para realizar despois unha segunda proba. 

Noticias web

15/01/2021