Francesc Marzo, poeta: "A poesía séntese desde o sentimiento máis puro, sen ter ideas preconcibidas"
Hoxe, no tempo da entrevista, temos un poeta que utiliza as palabras para comunicarse cun mundo que non sempre entende. El é Francesc Marzo, un mozo con autismo e poeta.
A poesía
"Eu estou dentro do espectro autista e iso fai que poida ter outra maneira de ver o mundo e de captar esas esencias que a xente de forma natural non capta. Creo que a miña escritura e a miña poesía van máis alá do feito de que eu teña esta condición".
"A poesía chegou a min nun momento en que estou na busca de min mesmo, foi unha maneira de manifestarme e de preguntarme que fago aquí".
"A poesía non me resolve dúbidas pero fai que estea en constante busca porque ese é o obxectivo".
"Eu intento converterme en linguaxe. Iso implica espirse, quitarse as máscaras e verse un mesmo como esencia".
"A poesía séntese desde o sentimiento máis puro, sen ter ideas preconcibidas, ir cara a ela sen esperar nada, deixarte sorprender por ela".
"Escribo cando teño a necesidade de transmitir algún pensamento a través das palabras, déixome levar ata onde me leva a escritura".
"Eu escribo por necesiadade propia pero é bo ser valorado".
"Para escibir poesía hai que sentir moito. Ten que golpearte, sacudirte".
"Equilibrio é a busca de dous conceptos contrarios que é a sombra e a luz, que busca ese contrapeso que faga que os dous se complementen".