Fran Vieites recoñece o seu erro no penalti de Cartaxena e fai propósito de emenda
Publicado o 20/09/2021 21:12
Fran Vieites non agardaba unha estrea na Segunda División e na portería do Lugo como a que tivo en Cartaxena. Un penalti provocado por el significou o empate dos locais e o comezo da remonta. O gardameta de Pontecesures, de 22 anos, disputaba seu primeiro partido oficial co Lugo, debido á lesión no dedo maimiño de Óscar Whalley. Fran recoñece o erro de principiante e fai propósito de emenda.